Identificarse



 

NOTICIAS

O presidente do Consello Galego de Colexios Veterinarios pide prudencia despois de que en Dinamarca sacrificaran millóns de visóns pola Covid-19. Luis Núñez destacou que en Galicia hai unhas 25 granxas destes animais.

 

Na súa opinión, convén agardar ata que se confirme se o virus salta dos visóns aos humanos. Se finalmente se demostra que esa vía de contaxio ten base científica, Luis Núñez salienta que habería que tomar medidas en Galicia e indemnizar os donos das granxas de visóns. 

Audio consello