Identificarse



 

NOTICIAS

VACINACION DE VETERINARIOS EN GALICIA . ESCRITO DE QUEIXA

Luis Núñez Desiré con DNI 35295117 F, con domicilio a efectos de notificacións en C/ Echegaray nº 10 36001 Pontevedra , en calidade de Presidente do Consello Galego de Colexios Veterinarios (CIF  27263185) polo presente escrito quere amosar a súa queixa pola exclusión do colectivo veterinario nos cronogramas de vacinación na nosa comunidade autónoma en base os seguintes antecedentes: 

- O pasado 19 de xaneiro de 2021 lle enviamos unha petición de inclusión dos veterinarios na segunda fase de vacinación prevista desenrolar en Galicia na segunda quincena do mes de febreiro de  2021. 
En dito escrito lle indicabamos a nosa condición de sanitarios recoñecidos pola Lei 44/2003 de Ordenación das Profesións Sanitarias e lle pormenorizabamos a distribución laboral do noso colectivo que se podía agrupar en persoal dependente da administración (funcionarios y contratados laborais), veterinarios contratados con encomenda de Xestión de programas sanitarios, en exercicio  libre da profesión (autónomos e no réxime xeral) que traballan en establecementos veterinarios, cooperativas gandeiras, ADS, en industria alimentaria, fábricas de penso etc, labores todas elas  consideradas dende o primeiro momento como "servizos esenciais" con contacto directo co resto da poboación o que nos fai ser un grupo moi exposto a ser contaxiado polo Covid 19. Finalizabamos  dito escrito indicándolle a posibilidade de contactar de xeito inmediato e individualizado con todos os colexiados aos efectos de establecer o protocolo e orde de vacinación que se pretenda seguir dende a Xunta de Galicia co noso colectivo (localización xeográfica, rango de idade, tipo de actividade etc..). 

- O pasado 27 de xaneiro de 2021 a Subdirectora Xeral de Información sobre Saúde e Epidemioloxía Dª Raquel Zubizarreta Alberdi contestou no seu nome indicando que había unha estratexia común para todas as CCAA (Consejo Interterritorial del Sistema Nacional de Salud) que establecía unha prioridade tras avaliar os riscos de exposición e o impacto socioeconómico da súa actividade e nos cababa indicando que nesta primeira fase se incluiría a "Outro persoal sanitario e sociosanitario" (no párrafo seguinte fago un corta e pega das súas palabras textuais).

Nesta primeira etapa, con número de dose moi limitado, ofrecerase a vacinación de maneira priorizada ás persoas que se inclúen nos seguintes grupos de poboación:

    1. Residentes e persoal sanitario e sociosanitario que traballa en residencias de persoas maiores e de atención a grandes dependentes.
    2. Persoal de primeira liña no ámbito sanitario e sociosanitario.
    3. Outro persoal sanitario e sociosanitario.
    4. Persoas cosideradas como grandes dependetes (grao III de dependencia, é dicir, con necesidade de intensas medidas de apoio) que non estean actualmente institucionalizadas.

- O 26 de febreiro de 2021 publicouse por parte do Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde a actualización 4 da estratexia de vacinación fronte o Covid e no seu punto 4.2 ( Grupos de  población a vacunar) indicaba:
“Grupo 3. Otro personal sanitario y sociosanitario y trabajadores de instituciones penitenciarias.
- Grupo 3A. Incluye los siguientes profesionales en activo:
Personal de ámbito hospitalario y de atención primaria no considerado de primera línea
-grupo 2-, en función del riesgo de exposición de la actividad laboral y la posibilidad de adoptar las medidas de protección adecuadas.
En otros ámbitos, se vacunará al personal de odontología, higiene dental y otro personal sanitario que atiende de forma habitual a pacientes sin mascarilla y durante un tiempo superior a 15 minutos.
- Grupo 3B. Personal en activo de los colectivos que figuran a continuación, en función del riesgo de exposición de la actividad laboral y la posibilidad de adoptar las medidas de protección adecuadas:
Personal de los servicios de salud pública implicado en la gestión y respuesta a la pandemia que no se haya vacunado en el grupo 2.
Personal sanitario y sociosanitario no vacunado con anterioridad, incluyendo servicios de inspección sanitaria, medicina legal y forense, consultas médicas privadas, servicios de ayuda a domicilio, centros de menores y centros de día o equivalentes, así como estudiantes sanitarios y sociosanitarios que realicen prácticas clínicas.
Personal sanitario de los siguientes colectivos: fisioterapeutas, terapeutas ocupacionales, personal de oficinas de farmacia, protésicos dentales, logopedas y personal de psicología clínica.
Trabajadores de instituciones penitenciarias (IIPP).
- Grupo 3C. Resto de personal sanitario y sociosanitario no vacunado con anterioridad.”


Noso colectivo veterinario non hai ningunha dúbida que debe ser incluído dentro do grupo 3 C, pois a condición de sanitarios ven recoñecido pola mencionada Lei 44/2003 e como ben sabe non foi  vacinado con anterioridade.

En dita actualización se continuaba indicando os grupos seguintes na orde de prioridade e así citaba o grupo 4 (Grandes dependentes), o grupo 5 (persoas vulnerables pola súa idade) e o grupo 6 ( Colectivos en activo cunha función esencial para a sociedade ) e este grupo se subdivide no Grupo 6 A (Forzas e Corpos de Seguridade) Grupo 6 B (Docentes e persoal de educación infantil e educación especial) e Grupo 6 C ( Docentes e persoal de educación primaria e secundaria).

Como ven sabe a estratexia de vacinación fronte a COVID en España a coordina o mencionado Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde, pero independentemente de que sexa o Ministerio de Sanidade quen establece a estratexia estatal, son as comunidades autónomas as que terminan aplicando os plans de vacinación.

Dentro desa posibilidade de establecer uns plans autonómicos de vacinación, 3 comunidades autónomas (Madrid, Aragón e La Rioja) xa han vacinado a todos os veterinarios e 12 comunidades  autónomas e unha cidade autónoma xa temos constancia que están xestionando dende a Administración os listados de veterinarios.

Fronte esta situación a nivel estatal, en Galicia xa están sendo vacinados os grupos 4 (grandes dependentes), grupo 5 (os nosos maiores) e o grupo 6 (colectivos con función especial para a sociedade). Non é a miña intención cuestionar a vacinación dos grupos 4 e 5, os cales entendo que deben ter a condición de prioritario, pero quero amosarlle o noso malestar porque a Xunta de Galicia nin nos incluíu dentro do grupo 3 C (Resto de persoal sanitario e sociosanitario non vacinado con anterioridade) e xa está vacinando o grupo 6 (Colectivos en activo cunha función esencial para a sociedade) .

Esta exclusión do noso colectivo significa saltarse os criterios do Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde e incluír a colectivos que durante o estado de alarma non foron considerados nin servizos esenciais e puideron ter (e teñen) a posibilidade de "teletraballar".

Os veterinarios estiveron, están e estarán mediante o seu traballo presencial garantindo o benestar dos animais, a seguridade dos alimentos dende as case 90.000 explotacións gandeiras rexistradas en Galicia ata os lineais dos supermercados (do establo a mesa), sendo os 330 establecementos veterinarios rexistrados a primeira barreira fronte as zoonoses, controlando as lonxas e puntos de  descarga de peixe, e a través da súa labor nas Campañas de Saneamento permitiu que Galicia acadase o estatus de rexión Oficialmente Indemne a Brucelose Bovina, ovina e cabrúa, e que a provincia  de Pontevedra fose a primeira provincia peninsular en ser declarada Oficialmente Indemne a Tuberculose Bovina, tendo previsto a Consellería de Medio Rural solicitar neste primeiro trimestre do 2021 a declaración de Oficialmente Indemne a Tuberculose para toda a Comunidade.

Comprobamos con certa sorpresa que dentro do noso colectivo os únicos vacinados han sido os veterinarios inspectores da Consellería de Sanidade, establecendo unhas diferencias inxustificadas entre funcionarios das distintas consellerías, ¿acaso os inspectores veterinarios da Consellería de Medio Rural, Mar e Medio Ambiente non fan labores de inspección aos administrados? 
A día de hoxe no nos consta que dende a Administración Galega nin tan sequera contactaran nin con este Consello Galego nin con os colexios provinciais para recadar os datos de contacto dos veterinarios (rangos de idade, tipo de actividade, e-mail, tlfno. de contacto etc..).

Esperando que reconsidere a súa postura sobre a exclusión do noso colectivo dos planes de vacinación fronte o COVID e que na nosa comunidade se atendan as pautas que marca Consello  Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde que tal e como indicou Dª Raquel Zubizarreta no seu escrito do pasado 27 de xaneiro de 2021, é o comité que establece unha estratexia común para todas as CCAA, a cal obviamente en Galicia non se está cumprindo.

Sen outro particular e esperando que esta vez a nosa petición se vexa atendida, reciba un cordial saúdo.

Luis Núñez Desiré . Presidente Consello Galego de Veterinarios