Bos días Dª Raquel, en primeiro lugar agradecerlle a súa rápida resposta ao noso escrito do pasado 19 de xaneiro de 2021, entendemos perfectamente a situación actual, na cal o ritmo de vacinación depende tanto da disponibilidade de vacinas (condicionante alleo a Xunta) como de persoal que administre as vacinas (aspecto no cal a Xunta si é responsable de dotar de medios humanos que administren a vacina).
Coincidimos coa estratexia que se marcou dende o Ministerio de Sanidade sobre a orde de prioridade, según o risco de exposición, de transmisión e de enfermidade grave, impacto socioeconómico da pandemia que determinou o primeiro grupo de vacinación, pero o noso escrito era para recordarlle o papel esencial dos veterinarios nos distintos ámbitos laborais, a gran exposición o COVID e o seu contacto con personas de risco (moitas explotacións están en mans de gandeiros de idade avanzada), a imposibilidade de optar polo "teletraballo" etc...
Como ven sabe o grupo de trabalo técnico de vacinación COVID-19, da Ponencia de Programa e Rexistro de Vacinacións do Consejo Interterritorial do Sistema acional de Saúde do cal forma parte o Xefe do Servizo de Control de Enfermidades Transmisibles D. José Antonio Taboada Rodríguez estableceu unha prioridade según o risco, coincidimos cos 2 primeiros grupos que se establecen en dito protocolo no cal non deberían se incluidos os veterinarios como colectivo, pero o noso escrito era sobre a inclusión do veterinarios no grupo 3.
"Grupo 3. Otro personal sanitario o sociosanitario Personas no incluidas en la categoría de primera línea (grupo 2) que trabajan en centros y establecimientos sanitarios y sociosanitarios, pero en esta primera etapa la vacunación se centrará solamente en el personal que de manera específica realiza actividades que exigen contacto estrecho con personas que puedan estar infectadas por SARS-CoV- 2, es decir, en función del riesgo de exposición y transmisión.
Se valorará la vacunación de las personas de este grupo que no se vacunen en la primera etapa en las etapas siguientes, como "personal esencial de primera línea" u "otro personal esencial"."
Como ve non pretendemos saltarnos o orde de prioridades marcados polas autoridades, nin ser insolidarios con resto da poboación, pero tampouco que o noso colectivo volva a ser o gran esquecido nesta pandemia.
Lle reitero a posibilidade dende os colexios provinciais de contactar e de estratificar os veterinarios según idades, sexo, ámbitos laborais, localizacións xeográficas, etc... poñendo ditos medios a súa disposición para calquera comunicación personalizada que considere oportuno realizar aos veterinarios.
O feito de non poder precisar a data na cal poderán empezar a vacinarse o grupo 3, non debe ser obstáculo para poder ir planificando e recabando datos sobre o noso colectivo, do mesmo xeito que están facendo con outras profesións sanitarias.
Por último volver a manifestar a disposición da nosa profesión para calquera colaboración que estimen oportuna, tanto como institución (Consello Galego e/o colexios provinciais) como de persoas físicas (lles trasladarmos calquera necesidade de colaboración individual que consideren oportuna) .
Un saúdo