Identificarse



Dende o Consello Galego de Colexios Veterinarios damos a benvida a todos aqueles que se achegan ata a nosa páxina, onde pretendemos que nos coñezan e dar un servizo tanto aos 3.000 veterinarios galegos como a particulares e institucións que necesiten información sobre as actividades propias da nosa profesión como garantes da saúde pública, a protección e o benestar animal, a prevención de enfermidades humanas procedentes dos animais e a medicina aplicada aos nosos animais.

Desde este espazo intentaremos dar información e enlaces de interese para satisfacer aquelas necesidades que lles levaron a visitarnos. Por este motivo tamén lles agradeceremos que nos fagan saber as súas suxestións que nos permitan mellorar continuamente esta páxina.

Tamén indicarlles que existen dúas seccións, unha pública de visita libre e outra restrinxida aos profesionais onde é necesaria unha clave de acceso e que está restrinxido o seu uso por conter información máis reservada e destinada aos nosos colexiados

Agradecéndolles o seu interese pola profesión, a institución e as actividades relacionadas coa mesma invitámoslles a seguir navegando.

Luis Nuñez Desiré. Presidente do Consello Galego de Colexios Veterinarios